Toponimia Valadares
251 T O P Ó N I M O S A Valada é unha área extensa ao sur do Pedregal, no barrio da Ga- rrida, maiormente ocupada por campos de cultivo. Dentro da área e pola súa contorna temos varios topónimos menores que toman este nome como referencia: a Fonte da Valada ( Fonte ), dun só cano e de estrutura de pedra; O Pedregal da Valada ( Pedregal ) e O Peirao da Valada ( Peirao ). No Catastro de Ensenada consta o topónimo A Valada (ou tamén cun B- non etimolóxico, Balada ) como nome de zona habitada e tamén de monte e devesa. Val — — Vales (A Garrida, A Sobreira) — — Fonte de Vales (A Garrida, A Sobreira) — — A Volta de Vales (A Sobreira) Vales é o nome dunha extensa área da parroquia onde estreman o barrio da Garrida e o da Sobreira. Ocúpana sobre todo campos de labor, mais hai tamén algunhas vivendas e masas de monte, sobre todo na zona lindeira co monte da Sobreira. O topónimo contén o plural do substantivo val (< latín vallem ‘depresión de terreo por onde flúe un curso de auga’). Dentro da área, a ambos os lados da avenida de Clara Campoamor, hai unha fonte, a Fonte de Vales , e un lavadoiro co mes- mo nome na outra beira da avenida. A fonte ten un cano e unha pía de pedra, e xunto a ela hai un depósito de auga para us ar no caso de incendio forestal. A Volta de Vales é o nome dunha área inmediata á intersección coa avenida de Clara Campoamor da estrada da Garrida; recibe o seu nome da curva que describía esta última vía nesa zona. O topónimo aparece no Catastro de Ensenada e nomea terras clasi- ficadas como labradío de secaño, nos máis dos casos cunha grafía non etimolóxica Bales . Veiga — — A Veiguiña (O Freixo) — — Veiga do Medio (As Barrocas) — — Veiga da Fonte de Abaixo (A Sobreira) — — Veiga da Fonte de Arriba (A Sobreira) — — Veiga da Fonte de Abaixo (As Barrocas)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==