Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 250 Túnel — — O Túnel (A Garrida) O Túnel , no barrio da Garrida, é o nome dunha zona de campos situada ao sur de Cabaleiro, á altura da chamada volta do Groño na estrada de Valadares. Debe o seu nome a unha condución subterránea de auga. Non debe confundirse este topónimo co nome do Túnel de Valada- res , denominación con que é comunmente coñecido o tramo soterrado da vía de circunvalación VG-20 ao seu paso pola parroquia. Túnel é un termo de orixe inglesa (< tunnel ). Vacante — — A Vacante (A Garrida) O adxectivo vacante (do verbo latino vacare ‘estar baleiro ou des- ocupado’) aplícase ao posto, cargo etc., que está destinado a ser ocu- pado pero que aínda se atopa sen cubrir. No caso da toponimia, o máis probable é que se refira a terras pendentes de adxudicación (no caso de seren foros ou tenzas) e, xa que logo, pendentes de aforar ( Aforada ). En Valadares, o topónimo A Vacante nomea hoxe dúas franxas de te- rreo despexado, talvez destinadas ao cultivo, ao sur da área da Valada, no barrio da Garrida. Valada — — A Valada (A Garrida) — — Fonte da Valada (A Garrida) — — O Pedregal da Valada (A Garrida) — — O Peirao da Valada (A Garrida) A palabra valada é o participio do verbo valar (< latín vallare ‘cer - car ou rodear cun valado’) e, polo tanto, garda parentesco etimolóxico co nome de Valadares (véxase na « Introdución » ). Valado e Valada son topónimos relativamente frecuentes en Galicia, o cal se explica, entre outras cousas, pola enorme fragmentación parcelaria característica dun sistema minifundista nunha orografía irregular. O masculino valado pa- sou a empregarse como substantivo, co mesmo significado ca muro ou valo .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==