Toponimia Valadares
249 T O P Ó N I M O S sitios diferentes na parroquia: unha zona de monte na estrema con Za- máns (ao oeste do Muíño Vello) e uns campos de labor con vivendas no barrio das Barrocas, na área do Souto. Este último rexístrase tamén no Catastro de Ensenada coa forma composta Tras Palleiro de Souto ( Palla ). Non sabemos se o topónimo Tres Camiños (nome dunha área de mato na estrema con Zamáns) se refiriría en orixe á existencia de tres camiños na zona ou se se trata dunha forma alterada de Tras Camiños . Ademais dos comentados, existían na parroquia outros topónimos formados coa preposición, documentados todos no Catastro de Ense- nada con forma castelanizada: Tras la Casa , Tras las Fontes ou Tras del Molino. Tres — — Tres Camiños (A Garrida) Coñécese con este nome unha área de matogueira e de arboredo na estrema con Zamáns, ao leste das Maquías. Descoñecemos se a moti- vación do topónimo Tres Camiños é a existencia de tres camiños, pois a rede viaria da zona houbo de ser substancialmente alterada a raíz da construción do polígono industrial da Pasaxe e mais da autoestrada AP- 9. O numeral tres podería ser unha alteración dunha preposición tras , dun orixinario Tras Camiños ( Tras ). Trigo — — A Trigueira (O Freixo) O nome do trigo (< latín triticum ) ten moita presenza na toponimia, principalmente a partir do derivado colectivo trigueira , co sufixo co- rrespondente ao latino - aria . A simple vista, os topónimos que conteñen o substantivo trigueira refírense a terras destinadas ao cultivo do trigo, mais non se poden descartar outras motivacións. A Trigueira , en Valadares, nomea unha pequena área de terras de labor no barrio do Freixo, nunha das voltas do camiño da Pinguela.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==