Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 248 que é nomeada como O Toural e que aparece no Catastro de Ensenada caracterizada como terras de devesa de segunda calidade. Toutizo — — O Toutizo / Os Toutizos (A Sobreira) En galego, toutizo (< dunha raíz prerromana *teu- ‘elevación, al- tura’) é unha palabra do léxico común, emparentada con touza , que pode designar un terreo de mala calidade, abundante en pedras e sen cultivar, ou o cumio dun monte ou a parte máis alta de algo aguzado. Non sabemos cal destes significados motivaría o topónimo O Toutizo ou Os Toutizos , que nomea unha área preto do Soutiño, no barrio da Sobreira. Non rexistramos na documentación histórica este topónimo. Tras, Detrás — — Detrás da Costa (O Freixo) — — Tras do Mato (A Sobreira) — — Tras dos Corvos (O Freixo) — — Tras Palleiro (A Garrida) — — Tras Palleiro (As Barrocas) Os topónimos compostos que conteñen a preposición detrás (deri - vado de tras e este do latín trans ‘máis ala de’) son relativamente co- múns e ref írense a unha localización relativa, respecto doutro lugar. A forma tras resulta máis frecuente na toponimia ca detrás . O Nomenclá - tor de Galicia rexistra ao redor dun cento de núcleos de poboación que conteñen a preposición apocopada no seu nome (algúns coa segunda forma do artigo, tralo , trala ), fronte a un só topónimo en que aparece a forma completa: Detrás das Figueiras (Boiro, A Coruña). En Valadares, son tamén moito menos frecuentes os compostos formados con detrás , dos cales temos un só exemplo, Detrás da Costa , nome dunhas terras de arboredo situadas ao oeste da Costa do Freixo , localización que motiva o seu nome. Tras dos Corvos é o nome que recibe unha zona de monte situada ao norte do Río Seco, no barrio do Freixo (  Corvo ). Tras do Mato nomea unha pequena área de prado ao leste do parque tecnolóxico e loxístico, no barrio da Sobreira. Aparece documentado no Catastro de Ensenada coa segunda forma do artigo, Tralo Mato . Tras do Palleiro nomea dous

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==