Toponimia Valadares
23 T O P Ó N I M O S Abella — — A Abelleira (O Freixo) — — A Abelleira de Arriba (O Freixo) — — A Fonte da Abelleira (O Freixo) Abelleira é un derivado de abella (do latín ap ĭ c ŭ lam ). No seu uso como topónimo aplicouse non só a sitios caracterizados pola presenza ou abundancia destes insectos, senón tamén a alvarizas ou apiarios, lugares con colmeas. Da actividade apícola en Valadares a mediados do século xviii infórmanos o Catastro de Ensenada; en 1753 había na parroquia 163 colmeas. Nos libros de apeos de San Domingos de Pontevedra mencióna- se entre as propiedades dese convento en Valadares unha chamada A Abelleira ou Coutada da Abelleira ( Segundos traslados , 1646); consta tamén no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados : sitio de Abe- lleira , Abelleira , Abilleira , preto da estrema norte da parroquia. Hoxe sobrevive o topónimo nunha área máis reducida chamada A Abelleira de Arriba (comunmente grafado Abilleira ), xunto aos Martices, no ba- rrio do Freixo. Deste lugar toma o nome a fonte chamada A Fonte da Abelleira ( /Abilleira ). Abruñeiro — — Os Abruñeiros (A Igrexa) En galego recibe a denominación común de bruño ou abruño (nal - gunhas zonas gruño ) a ameixa brava, froito da árbore Prunus spinosa . Bruño é o resultado galego do latín * prūneum , un derivado de prūnus ‘ameixa’, e o nome da árbore que dá os bruños é o derivado bruñeiro ou abruñeiro . O Padre Sarmiento distinguía entre o abruñeiro bravo ou silvestre e un abruñeiro hortense « cuyos frutos se venden y comen » . Os Abruñeiros é unha zona de arboredo, hoxe maioritariamente de acacia e de eucalipto, no monte das Faixas, ao nordeste do monte dos Pozos. No Catastro de Ensenada (1753) úsanse indistintamente as formas Bruñeiros e Abruñeiros e indícasenos que é maioritariamente monte de segunda calidade, dedicado a devesa, piñeiral, toxal e casta- ñal. No Libro de afanegados (1877) as terras denominadas Abruñeiros cualifícanse como tomada, devesa, piñeiral, souto e toxal.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==