Toponimia Valadares

247 T O P Ó N I M O S tienen casa de campo el Marqués de dicha villa, Bartholome de Abalde veciño de la feligresía de Matamá y Juan de Prado de la de San Mamede de Samanes» . O significado de ‘sitio elevado’ parece máis verosimil como moti- vación doutro topónimo, o Campo da Torre , que nomea dous lugares diferentes da parroquia: unha zona de mato e de prados ao oeste do Codesal, no barrio do Freixo, e outro Campo da Torre no barrio da Garrida, na parte do actual polígono da Pasaxe que se atopa dentro do termo de Valadares. Torreiro — — O Torreiro / O Adro (A Igrexa) — — A Devesa do Torrón (A Igrexa) Un torreiro designa, no galego suroccidental, o espazo aberto e co- mún, a xeito de praza, onde se celebran as festas parroquiais e outras actividades veciñais. É un substantivo derivado de terra , orixinariamen- te terreiro (< latín terrarium ). O Torreiro da parroquia de Valadares, que alterna co nome de O Adro (  ), designa, en efecto, a área despexada a carón da igrexa pa- rroquial, que na actualidade semella de uso recreativo e que tamén aparece no Catastro de Ensenada para designar terras clasificadas como devesa de segunda calidade. Moi preto do lugar atópase unha zona de mato e de cultivos coñecida como A Devesa do Torrón , cun segundo elemento tamén derivado de terra que en principio debeu dar a forma terrón e, por un proceso de asimilación da vogal da sílaba inicial, pa- sou a torrón . Touro — — O Toural (A Sobreira) Formado co sufixo colectivo correspondente ao latino - ale , un toural (< tauralem , de taurus ‘touro’) é o lugar onde se celebra a feira do gando vacún ou ben onde pace este gando. Non obstante, dada a existencia dun adxectivo tourón ‘dise do terreo de terra dura, dificilmente traba- llable’ e outras formas emparentadas, non en todos os casos se pode garantir que un topónimo Toural se refira ao gando vacún. En Valadares temos unha zona de arboredo xunto ao Piñeiro, no barrio da Sobreira,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==