Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 246 En Valadares, A Torre é o nome dun núcleo habitado no barrio da Igrexa, ao norte da Barreira. Xa debeu de ser unha zona nuclear do antigo couto de Valadares, pois rexístrase repetidamente na documen- tación histórica, pola que sabemos, entre outras cousas, que era o lugar onde os veciños lles prestaban os servizos de malla aos señores do cou- to e onde se atopaba a escola parroquial no ano 1865, segundo amosa un documento de Visita de escuelas pertencente ao Fondo Universitario de Enseñanza Primaria do Arquivo Histórico da Universidade de San- tiago de Compostela (caixa 128, porción 2.ª, p. 22: Valadares). A motivación do topónimo houbo de ser en orixe a estrutura en for- ma de torre da casa solar que os señores do couto tiñan na parroquia, tal e como describe Espinosa (1940): […] En el Archivo Histórico Nacional hay un expediente de Caballero Santia- guista de D. Benito Enríquez Sarmiento, perteneciente a la familia Valladares, en que se consignan las siguientes palabras: «En la feligresía de San Andrés de Valladares (15-6-1666) se reconoció la casa solariega de Valladares y Meira ... es una casa arruinada de piedra de sillería que está en una eminencia que des- cubre el valle y es una torre en medio de sillería con quatro cubos redondos en las quatro esquinas, y tiene un Escudo grande en una piedra a forma de agedrez que son las armas de los Valladares, y arriba de dicha casa como un quarto de legua en un monte muy alto arruinado que llaman del Castillo del Alba […] O nome deixou tamén pegada noutros topónimos menores, como a Fonte da Torre (  Fonte ) ou O Cocho da Torre (  Cocho ), este último documentado no Catastro de Ensenada. No caso da Fonte da Torre , resulta significativo o feito de que se atopa entre o camiño de Quinta e o camiño da Marquesa, nomes que acaso tamén constitúen un vestixio da existencia desta casa solar dos marqueses na zona. No Interrogatorio do Catastro de Ensenada dise, falando de Valadares, que: « […] en ella

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==