Toponimia Valadares
245 T O P Ó N I M O S Tomasa — — A Tomasa (O Freixo) A Tomasa é o nome dunha zona de arboredo ao norte da Costa do Freixo. É un antropónimo motivado polo nome dunha propietaria ou polo feminino dun masculino Tomás , como nos casos da Falcoa , A Simona , A Garrida etc. Tomás é a forma do castelán correspondente ao antropónimo que presenta en galego a forma patrimonial Tomé . Tombo — — O Tombo (O Freixo) — — O Tombiño (As Barrocas) Os topónimos formados co substantivo tombo (< latín tum ŭ lum ‘ele - vación’) adoitan referirse a unha pequena elevación de terreo, un pe- queno montículo ou, por extensión, nalgúns casos, a un camiño eleva- do que vai por zonas alagadizas. Teñen especial presenza na toponimia das Rías Baixas, onde tamén se aplicou ás dunas dos areais, como nos Tombos da Area das Rodas nas illas Cíes. Na parroquia de Valadares dous sitios son nomeados con este substantivo: O Tombo , unha área de mato e de prado, non habitada, ao leste da Ermida, no barrio do Freixo, e O Tombiño , forma diminutiva para uns campos destinados ao cultivo, no barrio das Barrocas, ao norte da Caraña. Ambos os nomes rex í stranse no Catastro de Ensenada, onde se dá conta, no caso do Tombiño , dunha casa terreña propiedade de Pedro Comesaña do Tombiño . Torre — — A Torre (A Igrexa) — — Fonte da Torre (A Igrexa) — — O Campo da Torre (O Freixo) — — O Campo da Torre (A Garrida) — — O Cocho da Torre (A Igrexa) O substantivo torre (< latín turrem ) na toponimia puido referirse ben a unha construción estreita e alta (ou, por extensión, a un sitio elevado), ben a unha casa fidalga ou de labregos ricos.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==