Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 244 dun animal pequeno, pois para a tobeira de animais maiores como a raposa adoita empregarse a forma masculina toco , segundo apunta Elixio Rivas (DdD). Tomada — — A Tomada (O Freixo) — — A Tomadiña (O Freixo) — — A Tomada da Costa (A Garrida) — — A Tomada da Rega (O Freixo) O substantivo tomada é, en orixe, o participio do verbo tomar , que desde un significado xeral de ‘gañar, conquistar’ pasou, xa no léxico agrícola, ao de ‘gañarlle un terreo ao monte ou ao bravo e facelo apto para o cultivo’. É unha das formas vivas na toponimia, xunto a outras como cachada, rozada etc., que reflicten o proceso de reconversión de terreos acaecido en Galicia desde a Alta Idade Media (  Rozada ). Nos máis dos casos, os terreos con estes nomes tomáronse no seu día para cultivar centeo, avea, paínzo, trigo de revolta, millo miúdo ou millo americano. Na parroquia de Valadares temos varios nomes que conteñen o substantivo. A forma simple, A Tomada , designa unha zona hoxe de vivendas e algunha parcela de cultivo ao nordeste de San Xoán, no ba- rrio do Freixo. Un derivado diminutivo, A Tomadiña , aplícase a outra área tamén situada no barrio do Freixo, ao norte do R ío Seco . Ademais, o substantivo forma tamén dous compostos, A Tomada da Costa (  Costa ) e A Tomada da Rega (  Rego ), ambos os nomes para terras de cultivo localizadas nas áreas ás que se refire o segundo elemento. Todo parece indicar, por seren zonas circundadas ou próximas a arboredo ou a monte, que os topónimos que hai na parroquia formados con este substantivo están motivados pola actividade antes referida. A presenza na toponimia do termo tomada (ao igual ca o de cacha- da ) é relativamente tardía, do século xvi ou posterior, e por esta razón as primeiras atestacións escritas que localizamos desta forma atópanse no Catastro de Ensenada, onde se rexistra, ademais de Thomada e Tho- mada da Rega , un plural Thomadas .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==