Toponimia Valadares

243 T O P Ó N I M O S Cardosos , aplicado a terras de devesa de primeira e de segunda cali- dades. Moi probablemente veu motivado pola presenza deses animais na zona, aínda que non podemos descartar a posibilidade de que se deba a un alcume de propietarios. Non se presta a esa dúbida As Teixu- gueiras , no barrio da Sobreira, que sen dúbida debeu orixinarse pola presenza de teixugos. Tintureira — — A Tintureira (O Freixo) Chámase A Tintureira unha zona de campos de cultivo ao sur da Er - mida, no barrio do Freixo. O nome pode referirse a un alcume relacio- nado co oficio de tinguir ( tintores ou tintureiros ) ou a unha zona onde se levaba a cabo esta actividade. Con todo, resulta máis probable que se trate dun fitotopónimo, relacionado coa planta chamada rubia ou herba tintureira ( Rubia tinctorum ), usada tradicionalmente como tinte encarnado. Tirado — — Os Tirados (A Sobreira) Os Tirados nomea unha área de campos de mato e de terras de labor no barrio da Sobreira, ao sur do parque tecnolóxico e loxístico. Quizais veu motivado por un alcume ou por un apelido da familia propietaria ( Tirado ), mais non podemos descartar a hipótese de que se aplicase a uns terreos tirados (‘tomados’) ao monte para o seu aproveitamento agrícola, nun significado semellante ao de tomada . Rexístrase como Tirados no Catastro de Ensenada, onde se aplica a terras de cultivo de secaño. Toca — — A Toca (O Freixo) Aínda que non podemos descartar a posible relación co adxectivo e co substantivo toco ‘que ten un dedo, brazo ou membro mutilado’, empregado como alcume de persoas ou referido ao tocón ou cañota dunha árbore, parece máis verosímil que o topónimo A Toca veña mo- tivado pola acepción de toca como ‘gorida dun animal’, en concreto

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==