Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 242 Tanque — — O Tanque (O Freixo) — — O Tanque (As Barrocas) Existen dous lugares na parroquia chamados O Tanque , un no barrio do Freixo, ao sur da Bouzacova, e outro ao leste do núcleo das Barro- cas, no barrio deste nome. O substantivo tanque , palabra de probable orixe prerromana, dun celta * tanko ‘deter, fixar’, ten dúas acepcións principais; nunha delas vén sendo sinónimo de pilón ou presa e nou- tra designa un recipiente provisto de asa, usado para quitar auga dun pozo, por exemplo, ou para beber. Calquera das dúas acepcións puido suscitar os topónimos, aínda que parece máis probable a primera. Nas atestacións do topónimo das Barrocas (no Libro de afanegados ) aplíca- se a unhas terras caracterizadas como cultivo de regadío. Teixugo — — Os Teixugos (O Portal) — — As Teixugueiras (A Sobreira) O teixugo (< latín taxucum , de posible orixe xerm á nica * thahsus ), ta- mén chamado porco teixo , é o nome común en galego da especie Me- les meles , mustélido de pelo longo e escuro agás na cabeza, onde tira a branco, con dúas bandas negras que van desde o fociño ata as orellas. Os Teixugos é, polo tanto, un zootopónimo; nomea unha extensa área de arboredo, mato e campos de labor situada ao norte dos Car- dosos, no barrio do Portal, e rexístrase xa con ese nome nos preitos do século xvi e no Catastro de Ensenada tamén cun composto Teijugos de
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==