Toponimia Valadares
241 T O P Ó N I M O S Tafona — — A Tafona (A Sobreira) O substantivo tafona ou atafona (do árabe tahuna ‘moa de muíño, muíño’) é un arabismo que na península se aplicaba especialmente a un muíño movido por tracción animal; por extensión, co tempo pasou a significar tamén un forno onde se coce e vende o pan. Non sabemos a cal destes significados se referirá o topónimo A Tafona , no barrio da Sobreira, que no Catastro de Ensenada aparece atestado coas formas castelanizadas Tahona e Thahona . Quizais garda relación co forno que suscitou o veciño topónimo Regueiro do Forno . Posiblemente era ta- mén un forno de pan a Atafona que se documenta no século xvii no Monte da Bandeira ( ), na parroquia de Matamá. Tallo — — Os Talliños (O Freixo) — — O Tallo do Adro (As Barrocas) O substantivo tallo designa un pequeno terreo resultado de tallar (< latín taliare ‘cortar cunha ferramenta’) ou dividir en partes unha pro- piedade máis extensa. Un topónimo co diminutivo Os Talliños nomea unha zona de monte comunal ao oeste do barrio do Freixo e prolónga- se na parroquia de Santo André de Comesaña. O mesmo nome aparece no composto O Tallo do Adro , que designa unha pequena área de cultivos situada fronte á reitoral da Grisvella ( ), no barrio das Barrocas. O segundo elemento referiríase, xa que logo, ao antigo adro parroquial, antes de pasar a igrexa á súa localización actual. Rexístrase no Catastro de Ensenada con este nome aplicado a unhas terras de cultivo de secaño, igual ca no Libro de afanegados .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==