Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 240 mo, que aparece atestado no Catastro de Ensenada coa grafía Sueydo . A Suxenda nomea unha zona de arboredo, prado e algunhas naves industriais no barrio do Portal, xunto á estrada do Foxo. No Catastro de Ensenada aparece rexistrado como Sujenda . É un topónimo escuro. Quizais se tratou en orixe dunha forma susenda ‘baixo a senda’, acaso en referencia ao camiño real que viña de Tui pola estrema de Beade. Responden á mesma estrutura outros topónimos da parroquia: Susenra ( sub + senra ) e Suocamiño ( so o camiño ) nos barrios do Portal e da So- breira, respectivamente. Tabán — — O Tabán (A Igrexa) O Tabán é o nome con que se coñecen uns campos de labor ao norte do barrio da Igrexa. Estamos ante un zootopónimo formado co substantivo tabán (< latín tabanum ), insecto da familia dos tabánidos, algo máis grande ca unha mosca, que adoita picar o gando, aínda que a forma singular do topónimo pode facer sospeitar que a súa motiva- ción quizais responde a un alcume de propietario e non á presenza de stes insectos na zona.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==