Toponimia Valadares
239 T O P Ó N I M O S to do Ghicho , cun elemento, ghicho, que pode referirse ao pequeno tamaño da propiedade ou ben ser un alcume de propietario, tamén se atopa dentro desta área do Souto , nas Barrocas. Ademais da forma simple, o substantivo aparece nun diminutivo, O Soutiño (no barrio da Sobreira) e nalgúns outros topónimos compostos, especialmente en sintagmas cun segundo elemento que se refire ao lu- gar onde se atopan. Con esta forma temos O Souto da Lamosa , tamén coñecido como A Devesa da Lamosa ), o Souto das Faixas (pola zona das Faixas, no barrio da Igrexa) e o Souto da Sobreira , nome dunhas terras de monte á altura do Toural, no barrio da Sobreira. Nesta zona hai unha segunda fonte tamén denominada Fonte do Souto , unha cons- trución con lavadoiro. No Catastro de Ensenada aparecen atestados os nomes Souto , Souto de Sobreira , Souto de Prado e Souto de Vella , todos aplicados a terras de monte ou de devesa. So, Sub — — Suaeira (O Freixo) — — Sueido (O Freixo) — — O Cocho de Sueido (O Freixo) — — A Suxenda (O Portal) — — Suocamiño (A Sobreira) Son bastante frecuentes na toponimia as formas que conteñen un substantivo precedido da preposición galega so (con frecuencia su- , cando vai soldada), procedente da latina sub ‘baixo, baixo de’. Nalgúns casos, o feito de que se empreguen precedidas de artigo é s íntoma de que deixaron de ser formas con significado transparente para o falante, pois moitas delas xa levan o artigo correspondente entre a preposición e o substantivo. Así ocorre con Suaeira (< correspondente ao latín sub illam aream ‘baixo a eira’), nome dunhas terras de labor na estrema do barrio do Freixo coa parroquia de Santo André de Comesaña, que ta- mén se rexistra en fontes recentes como A Suaeira . Outro exemplo deste tipo de compostos é Sueido ou O Sueido ( Eido ), que nomea unha área de arboredo no barrio do Freixo, xunto ao camiño da Pinguela; moi preto, cara ao oeste, está un campo de labor chamado O Cocho de Sueido . Posiblemente sexa o próximo Eido Vello, que se atopa algo máis ao norte, a referencia que orixinou este topóni-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==