Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 238 ao oeste do Monte da Sobreira ( Monte ). Este monte constitúe unha das masas forestais máis importantes da parroquia, principalmente po- boada na actualidade de eucalipto, xesta e piñeiro. A forma masculina, sobreiro , tamén designa a árbore e constitúe unha variante con menor presenza na toponimia. En Valadares temos o topónimo o Monte do Sobreiro , no barrio da Igrexa, unha extensa zona de monte a carón da estrada de Valadares, ao sur da volta dos Seixos. Outro derivado da voz latina suber , co sufixo correspondente a - osa , - osu , é sobroso ‘abundante en sobreiras’, que aparece no composto o Outeiro do Sobroso , nome que recibía un dos marcos de demarcación do couto ( Outeiro ). Souto — — O Souto (As Barrocas) — — O Souto da Lamosa / A Devesa da Lamosa (O Portal) — — O Souto da Sobreira (A Sobreira) — — O Souto das Faixas (A Igrexa) — — O Souto do Guicho (As Barrocas) — — O Soutiño (A Sobreira) — — O Cocho do Souto (As Barrocas) — — Estrada do Souto (As Barrocas) — — Fonte do Souto (As Barrocas) — — Fonte do Souto (A Sobreira) Outro fitónimo con notable presenza na toponimia é souto (< la - tín saltum ), nome común en galego para designar un terreo poboado de castiñeiros. O papel relevante da castaña na alimentación histórica explica a abundante presenza deste nome na toponimia galega e, por extensión, na antroponimia familiar, pois tamén son comúns os apeli- dos de orixe toponímica Souto (con frecuencia castelanizado en Soto ) e o seu diminutivo Soutelo . En Valadares, coa forma simple O Souto coñécese unha área de campos de labor e de vivendas que na súa parte oeste conserva aínda unha masa de arboredo, no barrio das Barrocas, ao norte dos Courás. Toda esta zona é percorrida pola vía chamada Estrada do Souto e con - tén, dentro da súa área, outros topónimos menores: a Fonte do Souto , que nomea dúas construcións de fonte e presa moi próximas, unha xunto ao Cocho do Souto ( Cocho ) e a outra algo máis ao sur. O Sou-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==