Toponimia Valadares

237 T O P Ó N I M O S Matamá. Nun documento de mediados do século xvii ( Segundos tras- lados , San Domingos de Pontevedra) lemos « ytem mas la heredad da Silveira que aora llaman da Simona »: No Catastro de Ensenada A Simona aparece tamén como nome de terras cultivadas de hortaliza de segunda calidade. Sobreira — — A Sobreira (A Sobreira) — — A Devesa da Sobreira (A Sobreira) — — Castro da Sobreira (A Sobreira) — — Monte da Sobreira (A Sobreira) — — Souto da Sobreira (A Sobreira) — — A Veiga da Sobreira (A Sobreira) — — Monte do Sobreiro (A Igrexa) — — Outeiro do Sobroso (A Garrida) Sobreira (< latín suberariam ) é o nome galego común da árbore Quer- cus suber , tamén chamada nalgunhas zonas corticeira , debido a que a cortiza constitúe o seu principal aproveitamento. Na toponimia, a forma simple e feminina sobreira adoita referirse, polo xeral, a exem- plares illados que adquiren significación na paisaxe pola súa frondosi- dade e corpulencia, pero tamén pode ter valor colectivo. En Valadares, ademais de nomear un dos barrios da parroquia, A Sobreira (ao leste, lindando con Beade e con Zamáns) e un dos seus centros de ensino (situado fronte ao Padrón do Couto), aparece noutros topónimos meno- res, a maioría situados no barrio do mesmo nome, que toman como re- ferencia: o Souto da Sobreira (  Souto ), a Veiga da Sobreira (  Veiga ), A Devesa da Sobreira (  Devesa ), o Castro da Sobreira (  Castro ), así como unha forma simple A Sobreira , que é onde se atopa o principal núcleo de poboación do barrio, situado ao pé da estrada da Garrida e

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==