Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 236 Pola documentación do convento de San Domingos de Pontevedra sabemos que tamén existiu un topónimo A Silveira , ademais dun Cam- po da Silveira , no barrio do Carregal, antes de que esa área mudase o seu nome para o de A Simona a finais do século xvi ou a comezos do xvii ( Simona ). Simón — — A Simona (O Carregal) — — Camiño da Simona (O Carregal) — — Fonte da Simona (O Carregal) — — Lavadouro da Simona (O Carregal) — — Regato da Simona (O Carregal) A Simona é un topónimo formado sobre o nome de orixe hebrea Simón ; é, xa que logo, un antropotopónimo. En Valadares nomea unha área relativamente extensa de campos de labor e algunhas vivendas no barrio do Carregal, na estrema coa parroquia de Matamá. Accédese desde a estrada de Valadares a esta zona pola vía chamada o Cami- ño da Simona , que continúa en territorio da parroquia de Matamá co nome do Camiño dos Carrex óns . O nome repítese no Lavadouro da Si- mona e na Fonte da Simona , alimentados ambos pola auga do Regato da Simona ( Regato ), afluente do río do Foxo que, unha vez abando- na a parroquia, cambia o seu nome polo de río de Babio. Na orixe deste topónimo temos un adxectivo feminino formado a partir dun nome de propietario: A Simona = ‘A de Simón’. O feito de que conserve o n intervocálico indícanos que se trata dun top ónimo posterior á época medieval, a diferenza, por exemplo, de A Falcoa (= ‘A de Falcón’) en Castrelos. É verosímil que o nome do lugar fose con - secuencia do longo preito emprendido por « Simón Rodríguez (…) con Elvira Prego de Montaos, viuda de Álvaro Sarmiento de Valladares (…) sobre los bienes que quedaron de Garcia Sarmiento y Teresa de Neyra su mujer » , iniciado no século xvi . Por ese preito, os señores do cou- to de Valadares deberon concederlles aos demandantes determinadas propiedades, entre elas as situadas no sitio da Silveira , estremeiro con
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==