Toponimia Valadares
235 T O P Ó N I M O S Sequeiro — — O Sequeiro (O Freixo) O substantivo sequeiro (< latín siccarium , derivado de siccu ‘seco, sen auga’) designa lugares pouco húmidos ou ben destinados a secar produtos agrícolas. En Valadares aparece no nome da área denomi- nada O Sequeiro , no barrio do Freixo. É un topónimo relativamente frecuente na toponimia de Galicia, onde hai unha ducia de núcleos de poboación que teñen este nome. Serodio, Serodia — — A Serodia (A Igrexa, A Sobreira) Nas fontes documentais rexístrase repetidamente un topónimo A Se- rodia , no barrio da Igrexa, que non puidemos localizar con exactitude na actualidade. Contén unha forma feminina dun apelido Serodio (un sobrenome formado co adxectivo serodio , do latín serot ĭ num ‘tardío’, aplicado a fillos nacidos con moita diferenza de anos respecto dos ir- máns precedentes). Serodio é un apelido documentado en Valadares polo menos desde o século xvi . O nome A Serodia , xa que logo, pode referirse a unha propietaria así alcumada ou apelidada ou un adxectivo formado sobre o masculino Serodio ( A Serodia = ‘A de Serodio’). Silveira — — A Silveira (As Barrocas) — — O Cocho da Silveira (As Barrocas) O substantivo silveira úsase como sinónimo de silva , como denomi- nacións comúns da planta Rubus fructicosus , se ben o derivado en - eira debeu ter na toponimia un significado colectivo: silveira ‘lugar onde abundan as silvas’. Silva é a continuación do latín silva , que en orixe significaba ‘mato, bosque, selva’ e en galego pasou a designar esta es- pecie concreta, planta rosácea moi común, que dá como foito as amo- ras. A Silveira é o nome dunha área de mato no barrio das Barrocas, ao leste dos Bértolos. Ao carón das terras así denominadas hai tamén O Cocho da Silveira , uns campos de labor. A Silveira aparece atestado no Catastro de Ensenada aplicado a terras de cultivo de secaño.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==