Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 234 en Valadares unha « heredad Leira da Senra » , da cal se di que «está aco - marada e amoxonada » . Noutra documentación do mesmo convento ( Segundos traslados , 1646-1660) menciónase en Valadares un Campo da Senra aforado a Juan da Ermida, veciño de Matamá, no ano 1638. Senra e seara proceden do mesmo étimo prerromano sénara , un cel- tismo formado sobre a raíz indoeuropea s en - ‘vello’. Unha senra ou unha seara é unha herdade cultivada, xeralmente de cereal. Seoane — — Seoane (A Garrida) — — Estrada de Seoane (A Garrida) — — Fonte de Seoane (A Garrida) — — Muíño de Seoane (A Garrida) Seoane é un dos resultados galegos do nome latino S anctu I ohan - ne , polo que o significado é o mesmo ca o de San Xoán ( ). A actual zona de Seoane , que ocupa unha extensa área na estrema con Zamáns, é agora considerada como pertencente ao barrio da Garrida, mais en tempos foi considerada barrio de seu, e sobrevive aínda hoxe o peque- no núcleo de poboación antigo, A Eira Vella , situado ao leste do actual núcleo principal de Seoane. Alterna desde hai tempo o nome de Seoa- ne cun plural Seoanes , quizais por aplicarse a varios núcleos dispersos ou porque se usou Seoane tamén como apelido das familias residentes. Na fala local tamén son comúns as variante Soane / Soanes . Coa forma plural aparece rotulada a Estrada de Seoanes , que conflúe coa estrada da Gándara. Na zona temos tamén a Fonte de Seoane , con lavadoiro e presa, con auga que vén de Fontefría, e mais o Muíño de Seoane ( Muíño ), preto do muíño das Maquías, xunto ao encoro de Zamáns, que aparece atestado no Catastro de Ensenada e do cal se di que é « un mo- lino nombrado Pequeño , al lugar de Seoane . Es de una rueda y muele con agua corriente todo el año » . Neste mesmo catastro rexístrase un composto Seoane de Ribeira , que nomeaba unhas terras de monte de terceira calidade e cuxo segundo elemento aparece tamén no topóni- mo As Pedras de Ribeira ( ), área de monte lindeira con Seoane.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==