Toponimia Valadares
233 T O P Ó N I M O S Son relativamente comúns na toponimia galega os nomes que con- teñen o substantivo común seixo (< latín saxum ‘pedra’) e polo regular designan grandes pedras ou penedos. En Valadares, o substantivo está presente en varios topónimos: Os Seixos , no barrio da Garrida, nomea uns campos de cultivo ao noroeste do campo de fútbol. A mesma forma Os Seixos é tamén o nome dunha área de vivendas e de campos na estrema dos barrios da Igrexa e do Carregal, desde onde sae o Camiño dos Seixos , que vai confluír co ca- miño da Simona. Coñécese como A Volta do Seixo ou Volta dos Seixos a curva que describe nesa altura a estrada xeral, onde entra o camiño da Igrexa. Do nome da mesma zona recibe o seu a Fonte dos Seixos , men- cionada como Fonte do Seixo en singular no preito do Portal de 1587: « …y desde alli se buelben por el agua que biene de la fuente de sehijo [sic] » . Outra Fonte do Seixo , hoxe desaparecida debido á construción do novo hospital, situábase na estrema de Valadares con Beade. No Catastro de Ensenada atopamos o topónimo con vacilación entre o singular e o plural e diferentes grafías ( Seijo , Seijos , Seixos ), ademais de varios compostos Seijos de Thorre , Seijos de Pontella e Seijos de Ma- tovello , referencias todas de lugares na mesma área do Carregal. Senra — — A Senra (O Portal) — — Muíño da Senra (O Portal) — — Regato da Senra (O Portal) Chámase A Senra un núcleo tradicional de poboación ao norte do Pedregal, no barrio do Portal. Na parte sur desta área atópase un muíño co mesmo nome, o Muíño da Senra , baixando desde O Pedregal cara á Valada. O muíño, alimentado polo Regato da Senra , está restaurado e xa aparece atestado no Catastro de Ensenada, onde se di que « muele con agua corriente cuatro meses al año » . A Senra xa era núcleo habitado na Idade Media e aparece repetida- mente na documentación relativa a Valadares nos preitos do século xvi . No Catastro de Ensenada rexístrase tamén o composto A Senra do Ou- teiro ou Senra de Outeiro , que posiblemente se refira ao mesmo lugar, pois O Outeiro é o nome dunha área coa cal linda A Senra polo leste. No libro de apeos de San Domingos de Pontevedra (1591) menciónase
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==