Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 232 na estrada do Monte Alba, antes da volta desde onde sae o camiño cara ao Outeiro do Sobroso. Podería ser unha forma emparentada con Sabadelle , nome de parroquia nos concellos lugueses de Chantada e Portomarín e no ourensán do Pereiro de Aguiar, resultado do xenitivo S abatelli dun nome persoal medieval de orixe latina Sabatellus , aquí quizais usado como topónimo de propietario, acaso polo sobrenome de alguén orixinario dunha desas parroquias. Menos probable é que garde relación co substantivo cebada (< latín cibatam , de cibus ‘alimen - to’), que foi cereal imprescindible na mantenza do gando e en ocasións do ser humano, mais non se explica ben a terminación, cun sufixo -illa que semella un diminutivo castelán. Seguedo — — O Seguedo (O Freixo) — — O Seguedo (A Igrexa) — — Fonte do Seguedo (A Igrexa) Seguedo é un topónimo que se repite noutras parroquias do Val de Fragoso para designar zonas de pasto para o gando. Viría sendo un si- nónimo de poulo (  ), panascal ou pasteiro que non se rexistra noutras áreas galegas e semella unha creación expresiva a partir do verbo segar (< latín secare ‘cortar’) co mesmo sufixo correspondente a - etu de colec - tivos como carballedo , louredo , laxedo ou penedo . En Valadares temos varios topónimos formados con este substanti- vo. A forma simple O Seguedo designa unha pequena franxa de terras no barrio do Freixo, fronte á capela de San Xoán, así como uns cam- pos de labor no barrio da Igrexa, ao sur da Torre e, de feito, con esta referencia aparece atestado este último no Catastro de Ensenada como Seguedo da Thorre . Nesta mesma zona atópase a Fonte do Seguedo , cunha estrutura de pedra e lavadoiro. Seixo — — Os Seixos (A Garrida) — — Os Seixos (A Igrexa) — — Camiño dos Seixos (A Igrexa) — — Fonte dos Seixos (O Carregal) — — A Volta dos Seixos / A Volta do Seixo (A Igrexa)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==