Toponimia Valadares
231 T O P Ó N I M O S sande . Con todo, cómpre termos en conta que o convento de San Do- mingos de Pontevedra tiña terras na parrroquia de Valadares, polo que a denominación desta propiedade tamén podía obedecer ao feito de ser da titularidade deste convento. O substantivo sen apocopar aparece no topónimo O Santo , nome dunha zona de campos de labor ao sur da estrada de San Xoán, xunto á Ermida de Abaixo. Este topónimo pode estar motivado por un alcume, mais tamén polo feito de ser unha propiedade cuxa renda se destinase ao culto do santo a quen estaba consagrada a capela próxima (San Xoán), dun xeito semellante ao que explica o topónimo As Candeas ( Candea ). Saramil — — Saramil (A Sobreira) Saramil era o nome dos terreos que ocupan na actualidade as naves máis meridionais do parque tecnolóxico e loxístico. Rex í strase tamén coas variantes Ceramil , Zaramil e Ceremil noutras fontes, como o Ca- tastro de Ensenada, onde as terras dese nome veñen clasificadas como labradío de secaño de primeira calidade. Igual ca outros topónimos rematados en - mil ( Ramil , Samil , Amil …), contén o resultado do xeni- tivo en - miri dun antropónimo persoal medieval de orixe xermánica composto cun segundo elemento - mirus , adaptación do gótico mereis ‘admirable’. Neste caso, o nome medieval sería probablemente Sala- mirus , xenitivo Salamiri , que nunha evolución normal daría Samil tras a perda do L da segunda sílaba xa antes do ano 1000, mais neste caso o L disimilou en R en época moi temperá e por iso non desapareceu: salamiri > Saramil . Sebadilla — — A Sebadilla (A Garrida) Resultan escuros o significado e a motivaci ó n do topónimo A Seba- dilla , nome con que se coñecen na actualidade unhas terras situadas
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==