Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 230 San, Santo — — San Benito (As Barrocas) — — As Sandomingas (O Carregal) — — O Santo (O Freixo) — — San Xoán / San Xoán do Freixo (O Freixo) — — Capela de San Xoán do Freixo (O Freixo) — — Estrada de San Xoán (O Freixo) — — Fonte de San Xoán (O Freixo) — — Seoane (A Garrida) — — Estrada de Seoane (A Garrida) — — Fonte de Seoane (A Garrida) — — Muíño de Seoane (A Garrida) Segundo o Nomenclátor, máis dun millar de núcleos habitados en Galicia conteñen no seu nome o substantivo santo (< latín sanctus ‘sa - grado, santo’) ou a forma apocopada e proclítica san , sen contarmos as advocacións parroquiais. Son os chamados haxiotopónimos, topó- nimos formados por un haxiónimo ou un nome de santo. En Valadares están presentes na denominación de varios espazos, con maior profu- sión do advocativo San Xoán e da súa variante Seoane , pois ambos son nomes de importantes núcleos habitados da parroquia. Tanto San Xoán (  Xoán ) coma Seoane (  Seoane ) constitúen, ademais de topónimos en si mesmos, referencia para outros como a Capela de San Xoán do Freixo , a Estrada de San Xoán ou a Fonte de San Xoán , dunha banda; e a Estrada de Seoane , a Fonte de Seoane ou o Muíño de Seoane , doutra. San Xoán e Seoane teñen, en última instancia, o mesmo significado. Outro haxiotopónimo é San Benito , nome dunha zona de campos de cultivo e algunhas vivendas situada entre o camiño do Laranxo e o camiño da Igrexa, no barrio das Barrocas. Benito é a forma castel á do nome latino benedictus , que en galego deu Bieito. O topónimo aparece atestado no Catastro de Ensenada, onde consta como lugar habitado, polo menos, por unha veciña chamada Benita Correa. No Catastro de Ensenada constan unhas terras chamadas As Sando- mingas , que debían de estar localizadas polo barrio do Carregal. Trá- tase dun plural feminino formado como adxectivo sobre Sandomingo , que podería ser un apelido pero tamén un nome persoal masculino idéntico que só se empregou no século xvi ; temos constancia do uso deste nome en Valadares en 1591 na persoa dun Sandomingo de Gui-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==