Toponimia Valadares
229 T O P Ó N I M O S toponímica e moi probablemente orixinario da parroquia de Valadares, onde ten significativa presenza desde antigo. Segundo amosa o Ca- tastro de Ensenada, non poucos veciños de Valadares eran portadores deste apelido: Gregoria da Vila , Francisco da Vila , Hilario da Vila , Juan da Vila , Alonso da Vila , Julián Pérez da Vila , Beatriz da Vila , Baltasara da Vila etc. ( Fonte da Vila ). Rozada — — A Rozadiña (A Sobreira) — — O Balcón das Rozadiñas (O Freixo) As formas roza e rozada designan na toponimia os terreos, xeral- mente superficies de monte ou de mato, que se cavan e traballan para convertelos en novas terras de cultivo. Proveñen do latín vulgar * ruptia - re , formado a partir de rumpere ‘romper’ e ref írense a ‘romper ou aman- sar o monte’. Esta reconversión de terreos foi sucedéndose desde a Alta Idade Media ata o século xix e foi especialmente intensa nos séculos xvii e xviii coa expansión do cultivo do millo, deixando unha importante pe- gada na toponimia con formas como cachada , cavada , rozada , v esada etc., que aluden ao mesmo proceso. A Rozadiña , en Valadares, é unha franxa de campos de labor no barrio da Sobreira ao leste do parque tecnolóxico e loxístico, xunto aos Abelales. No Catastro de Ensenada aparece tamén en plural, Rozadiñas . Temos tamén o diminutivo no topónimo O Balcón da Rozadiña ( Balcón ), nome duns campos de labor ao sur da Bouzacova, no barrio do Freixo. Salgueiro — — Os Salgueirales (A Igrexa) Salgueiro (< latín salicarium ) é o nome común galego para as diferen- tes especies do xénero Salix , unha das árbores con maior presenza na paisaxe e na toponimia galegas. O derivado colectivo co sufixo corres- pondente a ale , salgueiral , está presente en Valadares no topónimo Os Salgueirales , unha masa de arboredo, maioritariamente de salgueiros, situada ao oeste das Coruxeiras, no barrio da Igrexa.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==