Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 228 Ribeira , correspondente a un latín ripariam , derivado de ripa , designa as terras da beira dun río ou do mar. Témolo presente, na toponimia de Valadares, nunhas formas diminutivas A Ribeiriña , no barrio das Barro- cas, e As Ribeiriñas , dentro da área do Padrón do Couto, onde tamén hai un topónimo As Pedras da Ribeira , xa preto de Seoane. Non sabe- mos se se refire a este último o topónimo Ribeira (grafado Riveira ) que figura no Catastro de Ensenada como nome de terras entre A Garrida e A Sobreira clasificadas como monte de terceira calidade. Rocha — — A Rocha (A Garrida) — — A Rocha / O Babio da Rocha (A Garrida) Máis de trinta entidades de poboación en Galicia, segundo o No- menclátor, conteñen o substantivo rocha no seu nome. Esta palabra é a denominación común para referirse a unha pedra de gran tamaño e considérase un galicismo medieval que na orixe penetrou para referirse a unha fortaleza, mais ampliou o significado e acabou competindo coa forma patrimonial galega pena para designar grandes formacións pétreas. En Valadares é un substantivo pouco rendible na formación de to- pónimos, pois s ó temos constancia dunha zona chamada A Rocha no barrio da Garrida (na estrema con Zamáns, próxima ao encoro) e mais outra pequena área dentro da zona coñecida como Babio, entre O Ca- rregal e O Portal, que recibe os nomes de O Babio da Rocha ou simple- mente A Rocha . A este lugar ha de referirse a atestación que aparece no Catastro de Ensenada dun topónimo Rocha , pois o dono da propiedade tiña tamén terras por Cardoso e Os Teixugos, sitios próximos a Babio. Rosa — — Rosa da Vila (O Freixo) En áreas de seseo, algúns topónimos que aparentan conter o nome Rosa , sexa o antropónimo feminino, sexa o nome da flor, son en rea- lidade formas da familia léxica de roza e de rozar (  Rozada ). Non é este o caso do topónimo Rosa da Vila , que consta nalgunhas fontes escritas como nome dunhas propiedades no barrio do Freixo e contén o nome persoal dunha muller chamada Rosa e apelidada da Vila ou Da- vila . O apelido da Vila (hoxe maioritariamente escrito Davila ) é de orixe

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==