Toponimia Valadares
21 T O P Ó N I M O S Topónimos de Valadares 3 Abade — — O Campo do Abade (O Portal) — — O Lugar do Abade (A Igrexa) Abade procede do latín abbatem , unha palabra de orixe hebrea que significaba ‘pai’. O termo empregouse para designar formalmente o su- perior dun mosteiro, mais na fala popular galega usouse tamén para denominar o párroco dunha igrexa matriz. No Catastro de Ensenada, o párroco de Valadares usaba para si mesmo esa denominación: «don Diego Francisco Donallo, abad desta villa» . Coñécese como o Campo do Abade unha pequena chaira situada ao leste do camiño da Valada, detrás da depuradora de augas, no barrio do Portal. Nalgunhas fontes cartográficas aparece designada como o Lugar do Abade unha zona situada ao leste da igrexa parroquial, hoxe ocu- pada por propiedades privadas, onda o camiño do Laranxo, na estrema dos barrios das Barrocas e da Igrexa. O primeiro rexístrase no Catastro de Ensenada como Campo Davad e Campo de Avad , e denomina terras de labradío de secaño de primeira calidade; no Libro de afanegados (1877) aparece o nome en plural, Abades . Os dous topónimos ref írense a un lugar e a un campo que probablemente eran propiedade do abade. Quizais non aluda ao párroco de Valadares, pois nun libro de apeos do convento de San Francisco de Vigo (Pares, AHN Clero L20215) entre varias propiedades situadas na parroquia no ano 1672 lemos: «dos fe - rrados de pan de sembradura en el campo da Figueira cito [sic, por sito ] en Valladares que parte con campo de Gregorio Alonso de Valladares y de la otra con campo del Abad de san Martiño de Borreiros » .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==