Toponimia Valadares
227 T O P Ó N I M O S discorren pola parroquia e alimentan o caudal deste río, ademais dos mencionados, son o Regato da Senra , o das Cortes , o do Groño , o de Fontefría e o das Faixas ( Regato ). Riba — — Riba dos Campos (O Freixo) — — Ribas (A Sobreira) — — As Ribelas (O Portal) O substantivo riba (< latín ripam ‘ribeira’) aplicábase á franxa de te- rras próximas a un río, a un lago ou ao mar, mais tamén pasou a uti- lizarse como adverbio ( riba , arriba ) e como locución prepositiva ( riba de , enriba de ). Na toponimia, estes termos adoitan significar posición relativa, situación nun lugar elevado respecto dos arredores ou doutro lugar que se toma como referencia. Parece evidente este significado no topónimo Riba dos Campos , no barrio do Freixo, que denomina unha pequena área de mato e de arboredo xunto á Revoltiña e ha de deber o nome aos diversos campos que se atopan algo máis ao norte: o Campo Longo, o Campo da Torre, o Campo do Rego, o Campo de Abaixo etc. Un topónimo Ribas , ao norte dos Fabás, na Sobreira, podería ser plural de Riba ou quizais de Arriba , mais tamén podería conter un apelido de propietario. No Catastro de Ensenada rexístrase como Rivas , onde describe unha devesa de segunda calidade. O derivado ribela ten o mesmo significado ca riba , mais só na acep- ción de ‘beira dun río, dun lago ou do mar’. En Valadares, As Ribelas nomea unha zona de matogueira e de campos de cultivo no barrio do Portal, xunto á avenida de Clara Campoamor, fronte ao parque tecnoló- xico. O nome débelles vir da proximidade ás Barxas, por onde discorre o regato da Senra ou o río das Barxas. Nun documento de 1646 aparece atestado un «lugar de Ribelas » e tamén no Catastro de Ensenada, xunto a un masculino Rivelos e unha forma composta Rivela de avajo. Ribeira — — A Ribeiriña (As Barrocas) — — As Ribeiriñas (A Sobreira, A Garrida) — — As Pedras da Ribeira (A Garrida)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==