Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 226 — — Río do Foxo (O Portal) — — Río Zamáns (A Garrida) — — Río Seco (O Freixo) — — Campo do Río (A Garrida) — — Campo do Río das Cortes (O Portal) O substantivo río (< latín rivum ) non só designa un curso fluvial, pois tamén se emprega en ocasións para designar un lavadoiro. Este signifi- cado está presente no nome do Río das Cortes , no barrio do Portal (  Corte ), onde se aplica ao Lavadouro das Cortes , mais tamén é ese o nome do curso fluvial que pasa pola zona, noutras fontes denominado Regato das Cortes (  Regato ). Aparece rexistrado no Catastro de En- senada coas formas Río de Cortes e Río de Cortes de Pedregal . Neste catastro tamén se mencionan un Río darriba ou Río da Riba e un Río dabajo , topónimos hoxe desaparecidos. O Río da Barxa ou Río das Barxas recibe as augas do R ío dos Lavadouros e do r ío de Quintián, que conflúen onda a avenida de Clara Campoamor, pouco antes de recibir o Río do Foxo . Á altura do Hospital Álvaro Cunqueiro coñécese como Río da Barxa ou das Barxas e tamén como Río do Foxo , mais logo de recibir as augas do Río Babio , que vén de Beade, recibe tamén esta denominación. O Río Seco é o nome dunha extensa área forestal no barrio do Freixo, na vertente oeste do monte Alba. Toda esta área toma o seu nome do río que a atravesa en dirección cara á veciña parroquia de Coruxo e que, segundo fontes consultadas, recibe o seu nome polo reducido cau- dal que presenta no verán. Aparece rexistrado no Catastro de Ensenada como Río Seco , aplicado a terras de monte de terceira calidade. O Campo do Río nomea unhas terras de mato e de arboredo no ba- rrio da Garrida, xunto á estrada de Zamáns. É un topónimo que se rexis- tra na documentación histórica (CME) e ha referirse ao Río Zamáns , tamén chamado no seu tramo inicial Río Amial , afluente do río Miñor, que pasa pola zona próxima de Seoane e serve de división natural entre os concellos de Vigo e Gondomar. Este río alimenta varios muíños da zona, entre outros, o muíño das Maquías e o muíño de Seoane, ao pé do encoro de Zamáns. O outro cauce fluvial de maior relevancia na parroquia é o Río do Foxo , na zona do mesmo nome, situada no barrio do Portal. O caudal deste río é aproveitado por varios muíños, como os situados na Cota- rela ou os que hai na propia zona do Foxo. Algúns dos afluentes que

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==