Toponimia Valadares
225 T O P Ó N I M O S é un topónimo infrecuente en Galicia, onde reciben o nome de Re- queixo máis de corenta localidades, segundo o Nomenclátor oficial. O topónimo aparece atestado no Libro de afanegados aplicado a terras cualificadas como piñeiral. Resío — — O Resío de Babio (O Portal, O Carregal) Nalgunhas fontes rexístrase un topónimo O Resío de Babio na área que abranguen os barrios do Portal e do Carregal. Supoñemos, polo se- gundo elemento do composto, que se atopa preto da zona denominada Babio ( ), mais non puidemos identificalo na actualidade. A palabra resío refírese á porción de terreo que se deixa sen cultivar nos bordos dunha propiedade ou á franxa inmediata a un muro. O galego resío v én do latín residuum ‘resto’. A errada identificación deste substantivo gale- go cunha forma seseante do castelán rocío levou a alterar un antigo to- pónimo O Resío , en Coia, nun haxiotopónimo Nosa Señora do Rocío . Revolta — — A Revoltiña (O Freixo) — — A Revoltiña do Freixo (O Freixo) Aínda que nalgunhas áreas de Galicia o substantivo revolta pode designar a segunda colleita de cereal nas tomadas que se fan no monte, o uso máis común na toponimia é o de top ó nimo viario que designa unha curva ou unha volta máis ou menos pronunciad a na dirección dun camiño. Ha de ser esta acepción a que motivou o topónimo A Revoltiña , unhas terras de arboredo situadas na zona oeste do Freixo, xunto á Devesa de Arriba, á altura das cales traza a estrada do Zondal unha curva relativamente pechada. No Catastro de Ensenada o topó- nimo tamén aparece no composto A Revoltiña do Freixo . Parte desta zona é xa termo da freguesía de Santo André de Comesaña. Río — — Río da Barxa / Río das Barxas (O Portal) — — Río das Cortes (O Portal) — — Río dos Lavadouros (O Portal)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==