Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 224 describ ía como de « mato y peñascos » , « laguna o inculto » e «tojar» . No Catastro de Ensenada aparece rexistrado coa forma Rigueira de Ca- sas para terras de cultivo de secaño e mais regadío. Unha Rigueira de Cartas , que tamén se menciona neste catastro, debe de ser o actual Regueiro das Cartas . No mesmo catastro aparece tamén unha Rigueira da Torre . A variante en masculino, regueiro , tamén ten presenza en varios no- mes na parroquia. O Regueiro é o nome repetido para terras no barrio das Barrocas (ao oeste do Tombiño) e no barrio do Freixo, onde tamén se atopan O Regueiro do Alén e unha fonte con este mesmo nome, sen podermos precisar con exactitude cal pode ser, nestes casos, o sitio ao cal se refire a preposición alén ‘máis alá de’. Tamén no Freixo temos o Regueiro das Cartas (  Cartas ). Outros regueiros son O Regueiro da Gaiteira (  Gaiteira ) e O Regueiro do Forno , no actual parque tecno- lóxico, atestado no Catastro de Ensenada coa grafía Rigueiro de Forno , daquela nomeando unhas terras de cultivo de secaño, e por ese lugar pasaba o chamado Camiño do Regueiro do Forno , que viña desde As Maquías e Seoane. No barrio da Igrexa hai un topónimo viario, a Es- trada do Regueiro , que comeza na igrexa parroquial e sobe ata dar coa estrada do Freixo. Entre as propiedades do convento pontevedrés de San Domingos en Valadares (1646-1660) menciónase un Campo do Ri- gueiro inmediato ao Camiño Real que vai para Tui e que non puidemos localizar con exactitude na actualidade. Requeixo — — O Requeixo (O Freixo) Coñécese co nome O Requeixo unha zona de campos ao norte da Galiñeira, no barrio do Freixo. A palabra requeixo , nunha das súas acepcións, refírese ao punto en que un terreo en pendente que desem- boca nun val ou nunha extensión aberta acada o ángulo onde conflúen a pendente e o terreo plano, e vén equivalendo a ‘pé do monte’. Non

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==