Toponimia Valadares

223 T O P Ó N I M O S — — Campo do Rego (A Garrida) — — Campo do Rego (O Freixo) Son moi abundantes os topónimos galegos formados a partir do subs- tantivo rego (e os seus derivados), hidrónimo que na fala común pode designar tanto un pequeno curso fluvial natural (con significado seme- llante a regato ) coma unha condución artificial de auga, e así mesmo pode significar un suco seco empregado como comareiro no deslinde entre propiedades, ocasionalmente cheo de auga en época de chuvias. A súa orixe é posiblemente céltica (dun étimo * reku ), mais na prácti- ca confluíu con derivados do verbo latino rigare ‘regar’. En Valadares varios topónimos conteñen este nome: Regodauga (  A Rabadeira ), o Rego da Miragaia (no barrio da Igrexa), o Rego dos Canizos (no barrio da Garrida, en Seoane), así como o Campo do Rego , que se repite en dous barrios: na Garrida para uns campos na estrema con Zamáns e no Freixo para unha zona ao norte da Galiñeira. Regueira, Regueiro — — As Regueiras (As Barrocas) — — As Regueiras (O Freixo) — — A Regueira da Casa (O Freixo) — — A Regueira das Cartas (O Freixo) — — O Regueiro (As Barrocas) — — O Regueiro (O Freixo) — — O Regueiro de Alén (O Freixo) — — O Regueiro da Gaiteira (O Freixo) — — O Regueiro do Forno (A Sobreira)) — — Camiño do Regueiro do Forno (A Sobreira) — — Fonte do Regueiro de Alén / Fonte do Regueiro (O Freixo) — — Estrada do Regueiro (A Igrexa) Outros hidrónimos emparentados con rego son regueira e regueiro . Este substantivo, igual ca rego , designa un curso natural de auga ou a canle artificial pola que discorre a auga destinada normalmente a regadío. Coa forma en feminino temos na parroquia varios topónimos: As Regueiras , no barrio das Barrocas, ao oeste do Tombiño, topónimo que se repite no barrio do Freixo noutro As Regueiras , ao oeste da Gaspara. Tamén ao redor desta área temos A Regueira da Casa , nome dunhas terras hoxe de labor e de arboredo que o Libro de afanegados

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==