Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 222 Regato — — Regato de Fontefría (A Sobreira) — — Regato da Regamán (A Garrida) — — Regato da Senra (O Portal) — — Regato da Simona (O Carregal) — — Regato das Cortes (O Portal) — — Regato das Faixas (A Igrexa) — — Regato do Groño (As Barrocas) Regato é, como rego , un termo de orixe prerromana, e designa polo regular un pequeno curso de auga, máis neste caso natural, menor ca un río. Na relación de nomes de cursos de auga que reunimos aquí, a asignación do xenérico regato é propiamente convencional, derivada da cartografía do Instituto Xeográfico Nacional, pois moitos deles son coñecidos tamén na fala como río (  ), con independencia do caudal ou do tamaño. En Valadares rex í stranse varios topónimos compostos por este nome máis un segundo elemento que se refire ao lugar por onde pasa o cur- so de auga. O Regato de Fontefría nace na mesma área deste nome, na estrema de Valadares con Beade; recibe augas do regato ou do río de Quintián (que vén de Beade) e vai desaugar, xunto co Regato da Senra , no río do Foxo (  Río ). Pola súa banda, este Regato da Senra (así chamado na zona do mesmo nome, A Senra, entre os barrios do Portal e das Barrocas) coñécese tamén como Río da Barxa e recibe, á súa vez, as augas de dous regatos menores: o Regato das Cortes (  ) e o Regato do Groño (  ). O Regato das Faixas (entre os barrios da Igrexa e do Carregal) e o Regato da Simona , que vén do barrio de Beirán, na veciña parroquia de Matamá, e pasa pola Simona , tamén son afluentes do r ío do Foxo. O Regato da Regamán discorre pola zona da Regamán, no barrio da Garrida, e achega caudal, coas súas augas, ao río Zamáns. Nalgunhas fontes consta tamén un Regato dos Bértolos nas Barrocas. Rego — — Regodauga (A Igrexa) — — Rego da Miragaia (A Igrexa) — — Rego dos Canizos (A Garrida)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==