Toponimia Valadares
221 T O P Ó N I M O S entre outros, A Rega de Arriba , A Rega de Abaixo e A Rega do Medio . Moi preto desta zona, algo máis ao sur, xa na área dos Currás, temos A Rega da Mona , nome de escura interpretación, se é que non contén un alcume ou un sobrenome. Tamén no barrio do Freixo hai A Rega do Loureiro e A Rega do Portelo . No barrio da Garrida, xunto á estrada do Monte Alba e a carón dos Mangales, temos unha pequena área cha- mada A Rega dos Carballos (supoñemos que en referencia á existencia dalgúns exemplares desa árbore na zona) e no barrio do Carregal chá- mase A Rega da Simona unha zona de arboredo e de campos de labor situada ao sur do núcleo habitado da Simona. Ben curioso é o com- posto A Regamán , topónimo que só comparten esta parroquia e a vila de Gondomar, e que no caso de Valadares designa unha extensa área no barrio da Garrida, que linda con Vincios. Dentro da zona con este nome hai unhas Fontes da Regamán e A Chan da Regamán , ademais dun Regato da Regamán que, segundo a información fornecida pola Asociación Veciñal e Cultural de Valadares, é afluente do río Zamáns e vai desde a ladeira do monte Alba ata Vincios. O topónimo A Regamán é escuro; podería pensarse nun composto de rega cun adxectivo ma (< latín mala ), cun -n final adventicio, como sucede no nome da pa- rroquia de Matamá, que tamén orixinou unha variante Matamán , mais non podemos descartar un nome persoal medieval de orixe xermánica Recamán , quizais alterado por asociación con rega , rego . Unha forma en plural, As Regas , nomea unha extensión de monte ao sur da Devesa da Sobreira, no barrio deste mesmo nome. Como segundo elemento dun composto, aparece o mesmo substan- tivo no topónimo A Tomada da Rega , no Freixo, denominación duns campos situados ao oeste da Rega ( Tomada ). Outro derivado de regar , formado sobre o participio deste verbo, é o substantivo regada , que forma varios topónimos na parroquia. Unha regada pode referirse ben á auga canalizada que se conduce para regar unhas terras, ben ás propias terras que a reciben. En Valadares aparece en plural, nos topónimos As Regadas e As Regadiñas , ambas as formas para designar terras de labor ao oeste das Regas, na Sobreira. Na zona das Regadiña s atópase a Fonte das Regadiñas , dun cano e lavadoiro con teito, con auga procedente de Fontefría. O topónimo As Regadas rexístrase no Catastro de Ensenada para nomear unhas terras de cultivo de secaño de segunda calidade.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==