Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 220 do Portal, xunto ás Barxas) poden obedecer ben a unha forma máis ou menos circular da propiedade que nomean ou a unha formación pétrea redondeada, ben a un apelido ou alcume Redondo ( A Redonda = ‘A de Redondo’), aínda que non é un apelido frecuente na parroquia nin na contorna. O segundo aparece rexistrado en plural ( « sitio de Redondos » ) no Catastro de Ensenada, onde describe terras de cultivo de secaño de segunda calidade. Rega, Regada — — A Rega ( O Freixo) — — A Rega Loureiro (O Freixo) — — A Rega de Arriba (O Freixo) — — A Rega do Medio (O Freixo) — — A Rega de Abaixo (O Freixo) — — A Rega dos Carballos (A Garrida) — — A Rega do Portelo (O Freixo) — — A Rega da Mona (O Freixo) — — A Rega da Simona (O Carregal) — — A Regamán (A Garrida, As Barrocas) — — As Regas (A Sobreira) — — As Regadas (A Sobreira) — — As Regadiñas (A Sobreira) — — Fontes da Regamán (A Garrida, As Barrocas) — — A Chan da Regamán (As Barrocas) — — Fonte das Regadiñas (A Sobreira) — — A Tomada da Rega (O Freixo) — — Regato da Regamán (A Garrida, As Barrocas) Como feminino de rego (  ), o substantivo rega designa a acción mesma de regar, faena agrícola de gran trascendencia e de carácter marcadamente consuetudinario en Galicia. Noutras acepcións, rega pode referirse ben á construción humana para canalizar as augas (cun significado semellante ao de levada ), ben a unha concavidade formada por dúas ladeiras dunha montaña, que serve de canalización natural para as augas pluviais. Temos este nome en bastantes topónimos da parroquia de Valada- res: A Rega , no barrio do Freixo, é unha grande extensión de arboredo situada ao norte do monte dos Pozos, dentro da cal se diferencian,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==