Toponimia Valadares
219 T O P Ó N I M O S Raposo, Raposa — — A Raposa (A Garrida) — — Fonte da Raposa (A Garrida) — — Monte da Raposa (A Garrida) — — O Lombo do Raposo (O Freixo) — — As Pedras do Raposo (A Sobreira) O substantivo raposa foi, en orixe, unh denominación eufemística do animal ( Vulpes vulpes , o mamífero carnívoro da familia dos cánidos) que en latín se chamaba vulpes ou, en diminutivo, vulpec ŭ la , de onde proceden os nomes galegos golpe e golpella , respectivamente. Crese que en raposo , raposa , o termo hoxe máis común, conflúen un deri- vado de rabo con interferencia do verbo latino rapio ‘depredar, raptar’, polos estragos que causaban estes animais entre as aves domésticas. O feminino raposa adoita usarse como termo xenérico para referirse ao animal. Doutra banda, é moi habitual o uso de Raposo como alcu- me ou como apelido, polo que non podemos determinar se o topónimo A Raposa (no barrio da Garrida, xunto á estrada da Costa), está moti- vado pola presenza do animal ou se se trata dun feminino formado a partir dun alcume ou dun sobrenome de propietario ( A Raposa = ‘ A de Raposo’). Na zona hai unha mina que aflora do chan, na estrema dos últimos campos de labor co eucaliptal, chamada a Fonte da Raposa . No caso dos topónimos O Lombo do Raposo ( Lombo ) e As Pedras do Raposo ( Pedra ) é posible que si esteamos ante unha motivación relacionada coa presenza (ou unha semellanza fisionómica) do animal. Na documentación do convento de San Domingos de Pontevedra ( Segundos traslados , 1646-1660) menciónanse na estrema norte da pa- rroquia de Valadares unhas « tomadas do Outeiro do Raposso » . Redondo, Redonda — — A Redonda (A Garrida) — — O Redondo (O Portal) Os topónimos A Redonda (pequena zona de campos de cultivo no barrio da Garrida, xa na estrema con Zamáns) e O Redondo (no barrio
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==