Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 218 Rabadeira — — A Rabadeira (A Igrexa) O Nomenclátor de Galicia recolle dez localidades denominadas A Rabadeira ou As Rabadeiras . Na cartografía de Galicia Nomeada os exemplos multiplícanse por cinco. É un termo de orixe etimolóxica es- cura ou controvertida; tense relacionado co arabismo rabad ‘suburbio’, ‘núcleo habitado afastado do centro da poboación’, o mesmo que orixi- na arrabalde ; tamén se ten defendido a súa posible relación con arriba e riba (< latín ripam ). A Rabadeira en Valadares é o nome dunha extensa área de masa fo- restal no barrio da Igrexa, co seu pequeno núcleo habitado, ao norte da Feira e da igrexa parroquial. No preito do Portal (1587) rexístrase como Outeiro da Ravadeira . No Catastro de Ensenada alternan o singular e o plural e aparece escrito coas grafías Ravadeira , Ravadeyras . No Libro de afanegados este topónimo consta como denominación alternativa de Regodagua ( ). Ran, Ra — — As Rans (O Carregal) Coñécese como As Rans unha zona de mato e de campos de labor no barrio do Carregal, preto do trazado da autovía VG-20. O nome da ra (< latín rana ) presenta na fala local a forma ran . Cremos que o topó- nimo corresponde ao que aparece rexistrado como Campo das Rans na documentación do século xvi (preito de Simón Rodríguez). Coma outros topónimos idénticos ( As Rans , Poza das Rans , Fonte das Rans na Galicia occidental; Fonte das Ras , As Ras etc., en áreas centrais e orientais), ha de deber o seu nome á presenza ou á abundancia destes anfibios no lugar.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==