Toponimia Valadares

217 T O P Ó N I M O S ción deste tipo debeu de suscitar o nome da fonte coñecida como a Fonte das Quendas , no barrio das Barrocas. É unha construción dun cano, con pía de pedra, lavadoiro e presa. Quinta — — Quinta (A Igrexa) — — Camiño de Quinta (A Igrexa) — — Fonte de Quinta (A Igrexa) — — O Campo de Quinta (A Igrexa) Quinta , coma outros topónimos da mesma familia léxica ( Quintán , Quintás , Quinteiro ), adoitaba aplicarse en orixe a unha única vivenda no campo, e é un derivado do numeral quinto , probablemente porque lle pagaba ao señor territorial a quinta parte do froito que producía. Na parroquia de Valadares temos o topónimo Quinta, no barrio da Igrexa, que denomina un núcleo de vivendas situado no camiño que leva o mesmo nome, o Camiño de Quinta , e nas proximidades ten as terras de labor chamadas o Campo de Quinta . Hai tamén na zona unha Fonte de Quinta , de dous canos, con depósito e lavadoiro con teito. A auga é de manancial procedente do monte dos Pozos e do monte Alba e aparece atestada no preito do Portal de 1587 onde se fala dun « rregueiro d’agua que biene de la fuente de Quinta » . Quiringosta — — A Quiringosta (A Garrida) A forma quiringosta é a variante suroccidental do substantivo que en galego común é congostra , do latín co - angustam , ‘camiño estrei- to entre valados ou muros’. De c ongostra a quiringosta chégase logo de varias transformacións fonéticas: coa metátese da consoante r , que pasa á sílaba anterior, temos o resultado crongosta , que dá, por disi- milación vocálica, un cringosta e de aí, por anaptixe, engadindo unha vogal ante o R (como en * birisca , de brisca , por exemplo), chégase á forma quiringosta , que en zonas de gheada se altera en quirincosta. Na parroquia de Valadares rexistran as fontes documentais un topónimo A Quiringosta no barrio da Garrida.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==