Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 216 tivo de secaño de terceira calidade. Repítese para nomear outra zona tamén chamada As Presas no barrio da Sobreira, onde hai ademais o composto A Presa de Roque , dentro da área do monte da Sobreira. Un composto con adxectivo A Presa Nova é o nome dunha zona xun- to á Galiñeira no barrio do Freixo. Como segundo elemento, témolo formando o Lugar da Presa , tamén no Freixo, un pequeno núcleo de vivendas xunto ao Portal do Mato. A motivación destes topónimos é a existencia no lugar dunha presa, é dicir, un pequeno encoro construído no curso dun río ou mina de auga para reter e dirixir a corrente destinada ao regadío, a alimentar un muíño ou un lavadoiro. O substantivo presa é o resultado romance dun participio pressam do verbo latino prendere ‘prender, suxeitar, reter, coller’. Pomar, Pumar — — O Pumar (A Sobreira, non localizado) — — O Pomar do Marqués / O Pumar do Marqués (O Freixo) Derivado colectivo do latino pomam ‘mazá’, o substantivo pumar al - terna na toponimia coa variante pomar . Designaba en orixe un lugar plantado de maceiras, pero adquiriu un significado xenérico de ‘lugar con árbores froiteiras de diversas clases’. O Pumar era o nome dunhas terras de monte probablemente situadas no barrio da Sobreira, segundo vemos no Catastro de Ensenada, onde tamén se recolle un topónimo Pumar da Torre ( Pumar da Thorre ) que tampouco podemos localizar. Semella que ningún dos dous nomes chegou ata hoxe. O Pomar do Marqués ou O Pumar do Marqués , unha área de monte ao norte do cruceiro do Freixo, quizais debe o seu nome a unha antiga plantación de árbores froiteiras promovida polos marqueses que exer- cían señorío na parroquia no Antigo Réxime. Quenda — — Fonte das Quendas (As Barrocas) O nome común quenda (do latín calendam ) refírese a un cómputo de tempo. Na toponimia aparece, polo xeral, relacionado coa repartición de augas, pois a quenda ou vez é o tempo que lle corresponde a cada veciño, segundo o estipulado, no uso da auga de rego. Unha distribu-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==