Toponimia Valadares

215 T O P Ó N I M O S En Valadares chámase O Pracer (en ocasións cunha variante Parcer ) unha zona de campos de labor no barrio do Freixo, preto da estrada de San Xoán, xunto á zona da Ermida. Deste nome reciben o seu a Fonte do Pracer (  Fonte ) e o Petróglifo do Pracer (  Petróglifo ), situa- dos nesta mesma zona. No Catastro de Ensenada o topónimo aparece atestado coa forma Plazer , aplicado a terras de cultivo de regadío de segunda calidade. Prado — — Prado (O Portal) — — Prado (A Sobreira) — — Pardabesta / Prado da Besta (O Freixo) Case un cento de núcleos de poboación galegos conteñen a palabra prado ou algún derivado no seu nome, segundo rexistra o Nomenclátor de Galicia. Do latín pratum , este substantivo designa unha terra en que crece herba que se corta para manter o gando. Na toponimia de Valadares está presente no nome do núcleo habi- tado de Prado , hoxe un grupo de vivendas na estrada do Portal, que no Catastro de Ensenada se reducía a dúas casas terreñas, outras constru- cións auxiliares e un muíño arruinado. Rep í tese o topónimo Prado para nomear unha pequena área no barrio da Sobreira, xunto ás Regas. En nome composto temos un Prado da Besta , no barrio do Freixo, que designa uns campos de labor os oeste do Pracer. Este topónimo presenta unha forma alternativa Pardabesta , alteración do orixinario Prado da Besta , forma con que aparece mencionado no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados . Presa — — A Presa / As Presas (O Carregal) — — As Presas (A Sobreira ) — — A Presa Nova (O Freixo) — — A Presa de Roque (A Sobreira) — — O Lugar da Presa (O Freixo) Coñécese como A Presa ou As Presas un campo no barrio do Carre- gal, na estrema coa parroquia de Matamá, preto dos Seixos. O topóni- mo aparece atestado no Catastro de Ensenada aplicado a terras de cul-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==