Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 214 — — Monte dos Pozos (As Barrocas) — — A Poza (O Freixo) — — A Poza da Rega (O Freixo) O substantivo pozo (< latín put Ĕ um ) designa polo regular unha perfo- ración destinada a servirse de auga subterránea, aínda que en ocasións só se refire a unha concavidade do relevo. O correspondente feminino poza adoita designar tamén unha depresión do terreo, aínda que me- nos profunda, que se enche de auga, ou unha presa pequena destinada ao rego ou a outros usos. Ambos os substantivos están presentes na toponimia de Valadares. O Pozo é o nome dunha zona de campos na área da Lagoa, no barrio da Garrida, e O Pozo dos Castros , na proximi- dade da área chamada Os Castros no barrio da Sobreira. O Monte dos Pozos atópase entre A Garrida e As Barrocas. Cos seus 387 metros sobre o nivel do mar, é o terceiro punto de maior altitude de Valadares, despois do Cepudo e do monte Alba, e ocupa unha ex- tensión de 110  000 m 2 poboada de carballos americanos, bidueiros e outras especies. Na subida a este monte atopamos a Fonte dos Pozos , dun cano que sae da rocha e unha pía de pedra, construída en 2008 pola comunidade de montes. O feminino A Poza nomea unha pequena área de campos con vi- vendas no barrio do Freixo, ao oeste da Ermida. Na chamada A Poza da Rega (  A Rega ), tamén no barrio do Freixo, o propio topónimo informa do uso da auga da poza. Pracer — — O Pracer (O Freixo) — — Fonte do Pracer (O Freixo) — — Petróglifo do Pracer (O Freixo) A pesar da homonimia co verbo e co substantivo pracer ‘gozo, go- zar’, os praceres presentes na toponimia conteñen un substantivo pra- cer ‘areeiro, banco de area’, un termo emparentado con platus ‘plano’ e platea ‘praza’. É especialmente usual na talasonimia e na toponimia do litoral, onde designa baixíos areosos (por exemplo, O Pracer da Lan- gosta , O Pracer de Rodaballo ou O Pracer dos Frades , no concello de Oia, ou o núcleo denominado Os Praceres na ría de Pontevedra), pero tamén se aplicou a lugares areosos no interior.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==