Toponimia Valadares
213 T O P Ó N I M O S — — O Poulo do Cocho (O Freixo) Poulo e poula (< latín pab ŭ lum , pab ŭ la ‘alimento’) son denominacións comúns en galego para as terras mansas pero non cultivadas que que- dan para pasto do gando, das cales adoita dicirse que se deixan a poula . En Valadares chámase A Poula unha parte da área das Mitoas, no seu estremo suroeste, no barrio do Freixo. Co derivado A Pouleira no - méanse uns campos de labor fronte ao Foxo, no barrio do Portal, e tamén se coñecen como A Pouleira outras terras de cultivo na encru- cillada do camiño do Campo de Fútbol coa estrada do Monte Alba, no barrio da Garrida, e do seu nome toman o segundo elemento do com- posto As Vesadas da Pouleira ( Vesar ); neste mesmo barrio hai uns campos coñecidos como A Pouleira da Lagoa , ao leste da Lagoa, da cal toman o nome a xeito de referencia. A forma masculina está presente no composto O Poulo do Cocho , no barrio do Freixo. Pouso — — O Pouso (O Freixo) — — O Pouso de Fóra (O Freixo) — — O Pouso do Areeiro (O Freixo) Igual ca a forma feminina pousa (< latín pausam , relacionada co ver- bo pausare ‘repousar, descansar’), o substantivo pouso é un topónimo viario motivado pola orografía, pois designa un descanso ou un relanzo dun camiño que ascende por pendente pronunciada. En Valadares apa- rece formando os seguintes topónimos: O Pouso , unha zona de campos no barrio do Freixo, ao oeste da Ermida, que no Catastro de Ensenada designaba terras clasificadas como cultivo de secaño, situadas nunha pequena chaira na aba; no mesmo barrio do Freixo, na área do Areeiro, tamén de pronunciadas pendentes, temos O Pouso do Areeiro e O Pou- so de Fóra . Nas fontes documentais históricas rex ístrase en Valadares un topónimo Pouso-Courás que non puidemos localizar con exactitude na actualidade. Pozo, Poza — — O Pozo (A Garrida) — — O Pozo dos Castros (A Sobreira) — — Fonte dos Pozos (O Freixo, As Barrocas)
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==