Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 212 Portela, Portelo — — A Portela (O Freixo) — — A Porteliña (O Freixo) — — O Portelo (O Freixo) — — O Portelo (A Sobreira) — — A Portela de Alba (As Barrocas) — — O Portelo dos Paus (O Freixo) — — A Lapela do Portelo (O Freixo) — — A Rega do Portelo (O Freixo) Se na toponimia viaria o masculino porto (< latín portum ) adoita de- signar vaos ou lugares por onde un camiño cruza un río, o diminutivo feminino portela (< latín portellam ) aplícase polo regular a pasos de montaña, tramos do camiño que ofrecen o mellor tránsito posible para pasar ao outro lado dos montes. En Valadares, A Portela é o nome dunha pequena área ao sureste do Areeiro, no barrio do Freixo, e un diminutivo seu, A Porteliña , tamén neste barrio, nomea unhas terras onda A Devesa de Arriba. A Portela de Alba , no barrio das Barrocas, denomina unha zona ao noroeste do monte Alba, con vivendas desde hai séculos, pois consta en cadeas onomásticas que identifican os veciños residentes, como un « Pedro Pé- rez da Portela dalva» (CME). Neste catastro faise diferenciación entre A Portela de Alba de Arriba e A Portela de Alba de Abaixo . O derivado masculino portelo puido vir motivado por unha cancela ou un paso estreito nun muro ou sebe. No Freixo, nas proximidades do Río Seco, recibe ese nome a zona chamada O Portelo , e nas súas inmediacións A Lapela do Portelo e mais A Rega do Portelo . Repítese O Portelo como topónimo no barrio da Sobreira e mais nun composto O Portelo dos Paus , situado no barrio do Freixo na estrema coa veciña parroquia de Coruxo. Poula — — A Poula (O Freixo) — — A Pouleira (O Portal) — — A Pouleira (A Garrida) — — A Pouleira da Lagoa (A Garrida) — — As Vesadas da Pouleira (A Garrida)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==