Toponimia Valadares
211 T O P Ó N I M O S Portal — — O Portal / A Chan do Portal (O Portal) — — Camiño do Portal (O Portal) — — A Chan do Portal (O Portal) — — Estrada do Portal (O Portal) — — Fonte da Estrada do Portal (O Portal) — — O Portal do Mato (O Freixo) O Portal é o nome dun dos núcleos habitados de Valadares. Sitúase na área que algunhas fontes denominan A Chan do Portal . Na Real Chancelería de Valladolid consérvase a « Executoria a pedimento de Juan y Alonso da Vila, vecinos del coto de Baladares, contra Diego Sar- miento de Valladares» , do ano 1587, que inicia un longo preito polos dereitos sobre o « lugar y casar do Portal, con todas sus casas y casares, heredades e rresíos e guertas e campos con todo lo demás a ese lugar anexo » , pois o señor do couto concedérallos en foro a unha familia cando supostamente aínda estava vixente o contrato cos anteriores fo- reiros. O topónimo xa había de ser moi anterior, e é posible que a denominación desta área como portal obedeza á súa condición de en- trada ao couto de Valadares vindo desde o norte, desde a parroquia de Matamá, coa cal estrema. Percorre ese espazo a Estrada do Portal , á beira da cal atopamos, á altura do parque tecnolóxico, a fonte chamada Fonte da Estrada do Portal , dun cano e de estrutura de pedra, con auga procedente do mon- te da Sobreira. Esta vía con varias ramificacións baixa desde a estrada de Valadares ata a avenida de Clara Campoamor, e converxe con outra que leva o mesmo nome, o Camiño do Portal . O substantivo tamén aparece noutro topónimo da parroquia, sito no barrio do Freixo, O Portal do Mato , xunto á área coñecida como O Mato ( ). Encabezamento do preito do Portal (1587). Executoria a pedimento de Juan e Afonso da Vila «vezinos del coto de baladares contra Diego Sarmiento de Valladares »
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==