Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 210 Roque é o nome do camiño que baixa desde a estrada do Portal ata a estrada da Costa, atravesando parte da zona de arboredo das Barxas. A Ponte dos Fabás é denominación alternativa da Ponte de Quintián (Beade). Unha pontella (< latín ponticulam ) e o seu derivado pontellón ou pontillón adoitan designar unha pequena ponte sobre un regato, consti- tuída por unha única pedra que une as dúas beiras. Temos estes nomes na toponimia de Valadares en A Pontella , área do barrio do Carregal, onde tamén se atopa o Muíño da Pontella , e mais en O Pontillón , que foi o nome dunhas terras do barrio da Sobreira onda o actual parque tecnolóxico. Porvello, Pero Vello — — Porvello (A Sobreira) Unha área de monte e de arboredo ao oeste de Vales, no barrio da Sobreira, aparece no Catastro de Ensenada e noutras fontes co nome de Porvello . É a alteración dun antropónimo ou nome persoal composto de nome ( Pero, Pedro ) e un sobrenome ou apelido Vello : Pero Vello . Porta — — Campo da Porta (As Barrocas) — — Campo da Porta (O Freixo) O substantivo porta (< latín portam ) e os seus derivados portela , por- telo , portal …, adoitan designar na toponimia lugares de paso por onde unha vía pública supera calquera tipo de obstáculo, a entrada a unha propiedade cercada ou a propia construción situada nesa entrada. Na microtoponimia agrícola, unha porta é a abertura nun valado, dotada ou non de cancela, para permitir a entrada e a saída nunha herdade cercada, polo regular de anchura suficiente para pasaren os carros. En Valadares témolo en dous topónimos que se repiten: o Campo da Porta no barrio das Barrocas (uns campos de labor ao noroeste do Souto ) e o Campo da Porta no barrio do Freixo, ao sueste da Galiñeira .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==