Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 208 as novas especies (o chamado piñeiro de repoboación , tamén chamado piñeiro do país , malia ser foráneo) por case todo o territorio galego e, con esas reforestacións, o nome castelán (  Pinal ). En Valadares O Piñeiro é nome dunha área principalmente de mon- te no barrio da Sobreira, xunto á estrada da Garrida, cun pequeno nú- cleo de vivendas na súa parte norte. No Catastro de Ensenada nomea terras de cultivo de secaño. Deste lugar toma o seu nome o Camiño do Piñeiro , que parte desde a estrada da Garrida. Un derivado diminutivo, O Piñeiriño , designa unha zona de monte, principalmente de mato e algún arboredo, na volta do camiño da Pin- guela, no barrio do Freixo. No Catastro de Ensenada clasifícase como monte de primeira calidade. Pioga — — Piogal (A Sobreira) No Libro de afanegados de 1877 rexistrábase un topónimo Piojal , alternando cun plural Piojales , como denominación duns campos xun- to aos Fabás, no barrio da Sobreira. Non consta que sobrevivise ata a actualidade. Aparentemente contén unha castelanización de Piollal e Piollás , derivados colectivos de piollo (< latín peduc ŭ lum ), ou do femi- nino piolla , que designa diferentes tipos de fungos que provocan man- chas nos vexetais. Por outra banda, a referencia na toponimia ao piollo , formiga , pulga e outros zoónimos relativos a pequenos animais pode estar motivado por unha acepción metafórica destas palabras alusiva ao reducido tamaño das propiedades. Non obstante, é probable que a grafía Piojal de 1877 non garde ningunha relación cos piollos, sen ón que reproduza unha realización con gheada dun derivado de pioga , a correa con que se une o xugo ao boi: ‘correa, xeralmente de coiro, que se suxeita nos extremos das cangallas e pasa por debaixo do pescozo do animal ao xunguilo’, que por extensión se aplicou á ‘abrazadeira ou zuncho de ferro, pértega etc., que suxeita as cancelas aos pés dereitos que as sosteñen, para que poidan xirar’ (DdD). No Catastro de Ensena- da constaba como «Sitio de Piogal» .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==