Toponimia Valadares

207 T O P Ó N I M O S Pinga — — A Pinguela (O Freixo) — — Camiño da Pinguela (O Freixo) — — Cruceiro da Pinguela (O Freixo) — — Fonte do Pingallo (O Freixo, As Barrocas) Os derivados de pinga ‘gota’ (do verbo pingar , e este do latín pendi - care ‘colgar’) adoitan referirse na toponimia a fontes ou a minas en xeral pouco caudalosas. É frecuente nestes derivados o diminutivo pinguela . En Valadares, A Pinguela é o nome dunha extensa área con zonas de monte e algunhas vivendas no barrio do Freixo, xunto ao cemiterio particular. Diante do cemiterio atópase o Cruceiro da Pinguela , desde onde parte cara ao oeste o Camiño da Pinguela . No Catastro de En- senada A Pinguela designa terras de labor de secaño de primeira e de segunda calidade. Menos común é o derivado pingallo que, ademais de designar cal- quera retallo de tea ou de pel que colga, ten o mesmo valor ca o co- rrespondente feminino pingalla , que Elixio Rivas define como ‘gota en sentido algo aumentativo y despectivo’ (DdD). Temos este substantivo no nome da fonte coñecida como a Fonte do Pingallo , dun só cano, cunha estrutura de pedra e unha presa. A auga procede do monte Alba e, segundo informan algunhas fontes veciñais, nesta fonte adoitaba fa- cerse unha parada na ascensión á capela do monte Alba cando se ía en procesión. Piñeiro — — O Piñeiro (A Sobreira) — — O Piñeiriño (O Freixo) — — Camiño do Piñeiro (A Sobreira) — — O Alto do Piñeiro (A Igrexa) O substantivo piñeiro (< latín pinarium ) é a denominación común galega para as diferentes especies de árbores do xénero Pinus . A forma simple, en singular, ten maior presenza na toponimia ca os derivados colectivos, o que leva a pensar que os bosques autóctonos de piñeiros non eran comúns en Galicia, senón que había máis ben exemplares dispersos, illados, frecuentemente do chamado piñeiro manso , e que foron as reforestacións do século xviii ou posteriores as que estenderon

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==