Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 206 Segundo o Nomenclátor de Galicia, hai dous núcleos de poboación chamados O Picouto , os dous na provincia de Ourense, mentres que os nove denominados O Picoto se encontran nas provincias occidentais. Na microtoponimia tamén se manifesta esa diferenza, con máis dun cento de topónimos coa forma picoto fronte ás corenta de picouto , que semella ter presenza case exclusivamente nas provincias de Lugo e de Ourense. Un picoto pode designar unha prominencia no terreo, un coto ou unha elevación pedregosa, a parte máis aguzada dun monte ou mesmo unha rocha illada que sobresae do seu contorno. Pinal, Pinar — — O Pinal (A Garrida) — — O Pinal de Manamitas (A Garrida) — — O Pinal do Marqués (A Garrida) — — O Pinar do Marqués / O Pinal do Rei (O Freixo) — — Camiño do Pinal (A Garrida) Existen varios topónimos na parroquia de Valadares formados co substantivo pinal ou pinar , todos de creación relativamente recente, pois non constan na documentación histórica e son derivados colec- tivos de pino , nome castelán da árbore denominada en galego piñeiro (  ), polo que o derivado colectivo galego co sufixo correspondente ao latín - ale sería piñeiral . Refírense a superficies repoboadas con estas árbores e son os seguintes: O Pinal , na zona da Pomba, no barrio da Garrida, onde tamén motiva o nome do Camiño do Pinal ; O Pinal de Manamitas , zona de prado e de arboredo na estrema con Vales e coa Devesa do Rei, na Garrida, cun segundo elemento escuro Manamitas , quizais un alcume ou un sobrenome persoal, acaso unha alteración de Madamitas , nome de personaxe do entroido nalgunhas zonas de Gali- cia, formado a partir do francés madame ‘señora’; O Pinal do Marqués , tamén na Garrida, dentro da área chamada O Foxo; O Pinal do Rei , no barrio do Freixo e, por último, outro O Pinar do Marqués , ao leste do barrio do Freixo, ao norte dos Currás, na estrema con Matamá, que algunhas fontes identifican con O Pinal do Rei .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==