Toponimia Valadares

205 T O P Ó N I M O S — — Petróglifo do Tombo (O Freixo) — — Petróglifos da Gándara (A Garrida) Un petróglifo é unha incisión gravada nunha pedra ao aire libre e que representa algunha figura gravada na época prehistórica, nos máis dos casos da Idade do Bronce. Na parroquia de Valadares hai varios exemplos desta manifestación artística. Os topónimos que conteñen este substantivo responden a unha etiqueta moderna, administrativa; non son tradicionais. A denominación que reciben estes petróglifos é un composto cun segundo elemento referido ao lugar onde se atopan: o Petróglifo da Lapela (  Lapela ); o Petróglifo das Maceiras , catalogado como ben de interese cultural e situado ao noroeste da zona co mesmo nome (  Maceiras ), é unha rocha convexa onde se observan dez coviñas, dunha das cales parten sucos cara ás outras; o Petróglifo de Peimallo (  Peimallo ), tamén catalogado como ben de interese cultural, está si- tuado dentro da área das Mitoas ou Armitoas e consta dunha rocha con dezaoito coviñas e outra cun círculo simple incompleto, cunha coviña central e outras ao redor; o Petróglifo do Pracer (  Pracer ) presenta dous círculos concéntricos e algunhas coviñas, e tamén está declarado ben de interese cultural; consta cunha grafía alternativa, Petróglifo do Parcer , no catálogo de bens culturais do Concello de Vigo. O Petrógli- fo do Tombo (  Tombo ), outro dos catalogados polo concello, presen- ta dous círculos concéntricos con m ái s de trinta coviñas e algún suco no interior. Por último, os Petróglifos da Gándara (  Gándara ) son un grupo de rochas situadas no cumio dun outeiro gravadas con motivos de figuras cadradas de esquinas curvas, círculos simples, círculos con- céntricos, numerosas coviñas e outros motivos de difícil lectura. Picoto — — O Picoto das Mitoas (O Freixo) O Picoto das Mitoas é o nome dunha zona de monte situada ao suroeste da área coñecida como Armitoas ou As Mitoas (  ), no barrio do Freixo. O substantivo picoto está constituído por unha raíz prerromana pic - ‘punta’ (que alterna con bic -, con resultados como bico ) e un sufixo ta- mén prerromano - otto . Presenta a variante picouto , posiblemente inter- ferida polo adxectivo outo ‘alto’, que tamén ten presenza na toponimia.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==