Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 204 pirariam ). A forma en masculino, pereiro (<  pirarium ), recóllese nos di- cionarios como nome da variedade da maceira que dá o froito chama- do pero , unha mazá alongada e de sabor agre, aínda que Pereiro tamén pode ser un colectivo que denomina un lugar poboado de pereiras. Son moi numerosos os topónimos que conteñen estas formas, que nalgún caso poden presentar homofonía con derivados de petra ‘pedra’, pois pereira e pereiro son tamén variantes alternativas de pedreira e de pe- dreiro , fenómeno semellante ao que ocorr ía co nome persoal Pedro , que tiña unha forma medieval Pero , da cal se formou o apelido patro- nímico Pérez . Non podemos determinar, xa que logo, a orixe concreta dos topó- nimos de Valadares que conteñen estes derivados, mais pensamos que ha de ser fitonímica, relativa ás árbores froiteiras. No Catastro de Ense- nada rexístrase na parroquia un Pereiro en forma simple, un Pereiro de Outide e un Pereiro da Senra (CME), e no preito do Portal, de finais do século xvi , documéntase un campo do Pereiro e unha Veiga do Pereiro « que parte con heredad de cabildo de Santiago » (1587). Algúns destes topónimos atestados na documentación histórica mantéñense vivos hoxe. Así, O Pereiro (ao norte de Outide da Garrida), O Pereiro (na Senra, no barrio do Portal) e un terceiro O Pereiro (den - tro da área da Barreira, tamén no barrio do Portal), os tres denominan campos de cultivos. Unha forma feminina, As Pereiras , nomea terras de labor no barrio do Carregal, ao norte da Simona, e outro topónimo idéntico, As Pereiras , denomina terras no barrio da Sobreira, ao norte dos Lavadouros. Un diminutivo, As Pereiriñas , designa campos cultiva- dos ao sur dos Bértolos, no barrio das Barrocas; figuran con ese nome no Catastro de Ensenada, onde se clasifican como regadío de segunda calidade. Petróglifo — — Petróglifo da Lapela (O Freixo) — — Petróglifo das Maceiras (O Freixo) — — Petróglifo de Peimallo (O Freixo) — — Petróglifo do Pracer (O Freixo)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==