Toponimia Valadares

203 T O P Ó N I M O S do latín pinna , que nesa lingua designaba as ameas dunha muralla, mais hai quen sostén que pode ser de orixe prerromana. Dá idea da súa enorme presenza na toponimia de Galicia o feito de que en Galicia Nomeada son case cinco mil os nomes de lugar formados con pena , e alcanzan os catrocentos os correspondentes a núcleos habitados, se- gundo o Nomenclátor. É tamén común, se ben menos frecuente, o seu derivado penedo , usado practicamente co mesmo significado. Na parroquia de Valadares hai varios topónimos con estes nomes: o núcleo habitado chamado A Pena , na estrada do Regueiro, preto do cemiterio privado; unha pequena zona na estrema suroeste da área das Mitoas, no barrio do Freixo, denominada Os Penedos , e outro topó- nimo Os Penedos que designa unha área de masa forestal ao sur do monte Cepudo, onde se advirten unhas penas considerables no medio do arboredo que probablemente motivaron o topónimo. Como segun- do elemento dun composto, temos a forma simple en A Pedra da Pena ou As Pedras da Pena , xunto ao camiño dos Mangales, na Garrida, que semella un composto tautolóxico ou redundante. Perdigón — — Os Perdigóns (A Garrida) Perdigón (do latín perdiconem ) é un nome común en galego que de- signa a munición miúda de certas armas, mais no seu significado pri- mario denomina as crías da perdiz ( Perdix perdix ), ave común aprecia- da na caza. Seguramente foi a presenza habitual ou anecdótica destas aves no lugar o que motivou o topónimo Os Perdigóns , nome dunha área de campos de labor preto da Gándara, no barrio da Garrida. Pereira, Pereiro — — As Pereiras (O Carregal) — — As Pereiras (A Sobreira) — — O Pereiro (O Portal) — — O Pereiro (O Portal) — — O Pereiro (A Garrida) — — As Pereiriñas (As Barrocas) O substantivo pera (< latín piram ) denomina o froito de diferentes variedades da especie Pirus communis , coñecida como pereira (< latín

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==